Saltar ao contido principal

Publicacións

Destacados

Chega o inverno: O Bao e A Lanzada.

Teño un certo fetiche co istmo de A Lanzada, ata o punto de consideralo máis "o meu patch" que outros que teño máis preto e visito con máis asiduidade, como poden ser a Xunqueira do Lagares ou A Ramallosa. Como, a pesares disto, levaba demasiado sen pasar, encadeei dúas visitas cunha semana de diferenza, a derradeira o pasado día 10. Unha semana na que, por certo, chegou o inverno. Nesta segunda visita acompañoume Lucía, coa sempiterna e nunca cumprida promesa de que vería cullereiros. Escollimos un itinerario variado, comenzando nos observatorios do Bao, continuando cunha ruta duna-praia-duna pola Lanzada, volta ó Bao e rematando en Montalvo, na procura de haveldas. Rebentareivos o final, non había ningún.  Píllaras douradas  ( Pluvialis apricaria ), dunas de A Lanzada. O Bao estivo... bo, como está O Bao. Limícolos a centos: mazaricos (rubios, rabinegros, chiadores e reais), biluricos (comúns e claros), pilros (tridáctilos e comúns), píllaras (reais e cincentas

Publicacións máis recentes

Curtiña e ó pé.